Un intenso e inesperado final de partido da a vitoria ao Marcón sobre o Mondariz (2-1)
Por Redacción
O Marcón logrou esta fin de semana a súa segunda vitoria consecutiva, nesta ocasión, ante o Mondariz CF, equipo que ocupa a sexta praza na clasificación, no Carrasco. Así, os pontevedreses, que continúan na parte media da táboa (duodécimos con 36 puntos), deixan constancia do bo tramo que atravesan.
O choque pode dividirse en dous partes moi diferentes. A primeira, que finalizou a ceros, caracterizouse pola extrema igualdade entre os equipos, non querendo arriscar de cara a portería. Este equilibrio manteríase durante boa parte da segunda metade, na que parecía que o choque finalizaría en táboas. Con todo, Kike inaugurou o marcador, poñendo aos visitantes por diante. E co 0-1 seguiría o partido ata que Sapi conseguiría o empate cun penalti no último minuto. A confianza do gol fixo que este, de novo, acertase na portería de Rulo no tempo de desconto, dando a inesperada vitoria aos de casa.
Consulta a acta do Marcón Atlético-Mondariz CF.
Choque de titáns o desta fin de semana entre o UD Barbadás e o CD Beluso nos Carrís. Por desgraza para os pontevedreses, o feito de xogar en casa fai moito e, nesta ocasión, os locais aproveitárono para sumar tres puntos importantes para manterse nos postos de promoción de Preferente. Pola súa banda, os visitantes, despois de tres derrotas consecutivas (contando con esta última), sitúanse xusto ás portas dos mesmos (a catro puntos do Juventud Cambados).
Pese ao resultado (3-1), comezou gañando o Beluso cun gol de Adri Estévez anotado á media hora de xogo. E coa vitoria provisional iríanse os visitantes ao descanso.
Tras o paso polos vestiarios, tardou en reaccionar o equipo local ante a vantaxe dos bueuenses. Tanto foi así, que non foi ata o 64' que Víctor Gallego igualou o marcador. A partir de aí todo cambiou. Os anfitrións fixéronse co partido e, por medio de dous goles, un de Martín Torres e outro de Dani González, gañaron con comodidade.
Consulta a acta do UD Barbadás-CD Beluso.
O SD Amencer perdeu este domingo ante o CD Pontellas en Lampáns. Así, pon fin a unha boa serie de dúas vitorias consecutivas e mantense bastante preto dos postos de descenso. Pola súa banda, o Pontellas continúa líder da clasificación con 62 puntos.
Desde o primeiro momento, o dominio foi dos visitantes, que marcaron o 0-1 a escasos cinco minutos do comezo do choque por medio de Nando, que repetiría 20 minutos despois, co 0-2. Para poñer fin á primeira metade, Manu Expósito anotou o 3-0 a falta de pouco menos de 5 minutos.
Tras o paso polos vestiarios, o aumento de intensidade no xogo defensivo local, a ausencia de intención de arriscar para portería dos visitantes e a inferioridade numérica dos anfitrións tras a expulsión de Javi García fixeron que os de Ricardo Dios recortasen distancias, pero sen opcións de remontada (1-3).
Consulta a acta do SD Amanecer-CD Pontellas.
O Xuvenil de Ponteareas exerceu un duro correctivo sobre o Juventud Cambados, un dos pesos pesados da categoría, este domingo en Burgáns. Pola súa banda, os visitantes, que suman dúas vitorias consecutivas, vanse abrindo, aos poucos, camiño cara ao máis alto da clasificación.
Catro dos sete goles dos de Óscar Guimeráns foron anotados na primeira parte, deixando constancia da extrema superioridade. Rubén Besada marcou dous deles, mentres que os dous restantes foron obra de Diego Folgar e Rober Fonseca.
Tras o paso polos vestiarios e co 0-4 en e marcador, non lles quedaba aos anfitrións outro remedio que reaccionar. E así o fixeron ou, polo menos, iso pareceu, xa que Grego marcou o único gol do Cambados a escasos minutos do inicio da segunda parte. Con todo, aí quedou todo e os visitantes estableceron o 1-7 no electrónico por medio de Diego Folgar (64' e 83') e Portas (88').
Consulta a acta do Juventud Cambados-Juvenil.
O Villalonga empatou esta fin de semana ante o Valladares na Gándara. Despois dun fantástico refacho de catro vitorias consecutivas, os de Ricardo Fernández suman un punto, que, pola súa banda, é importante se pretenden manterse fóra de perigo. O Valladares continúa na parte medio da táboa.
Reinou a igualdade durante os 90 minutos de xogo, nos que Nico Fraga e Heber Fernández foron os responsables do empate no primeiro tempo (1-1), e Diego Álvarez e Bruno Vila no segundo, para, finalmente, conseguir o 2-2.
Consulta a acta do CD Valladares-Villalonga FC.
O Xuventú Sanxenxo finalizou o partido desta fin de semana ante o Cultural Areas sen goles e con repartición de puntos, ao reinar a máis rigorosa igualdade durante todo o choque e non arriscarse ningún dos dous equipos de cara á portería rival. Así, os do Salnés mantéñense décimo terceiros con 35 puntos e os locais novenos con 41.
Consulta a acta do Cultural Areas-Xuventú Sanxenxo.
Finalmente, o USD do Grove continúa ancorado ao penúltimo posto da clasificación ao perder esta fin de semana ante o CP Alertanavia nun choque directo, sumando, así, a segunda derrota consecutiva.
Dominaron os locais o xogo en ambas partes. Xa na primeira gañaron vantaxe ao marcar Adri López o 1-0 no 20'. Así marcharían ao descanso, pero tras o paso polos vestiarios non reaccionou o cadro visitante, algo que aproveitaron os anfitrións para anotar o 2-0 por medio de Capelo a falta de pouco máis de cinco minutos para a conclusión.
Relacionadas:
-
O pasamento dun dos afeccionados do SD Bande leva á suspensión do choque ante O Grove
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Marcón consegue un punto ante un dos equipos máis complicados, o Estradense (1-1)
Por Redacción |
-
Marcón, Villalonga e Sanxenxo, respiran; Amanecer complícase
Por Redacción |
-
Derrota do Marcón ante o líder, o Pontellas, por un gol en propia de Antonio Suárez (1-0)
Por Redacción |
-
O Marcón faise co derbi ao derrotar ao Beluso nas Laxes (0-1)
Por Redacción |
-
Non pode o Marcón contra un Barbadás que pelexa polo máis alto da táboa (3-1)
Por Redacción |