Atracón de goles do Pontevedra B na Xunqueira contra o San Ciprián
Por Redacción
A última xornada do ano do grupo 2 de Preferente pechouse cunha goleada do filial do Pontevedra sobre o pechacancelas San Ciprián. Os de Sergio Moreira tiveron que esperar ao segundo tempo para romper a igualada. O tanto de Samuel Vilariño xusto despois da continuación rompeu a muralla visitante e logo os goles foron caendo de forma incesante. Antón Guisande fixo o segundo dez minutos despois e Diego Rodríguez ampliou a conta no minuto 64. Co San Ciprián rendido, Raúl Diz completou a goleada ao final do partido.
O Beluso tamén conseguiu sumar os tres puntos no seu campo fronte ao Atlético Arnoia. Os de Bueu foron capaces de repoñerse ao temperán gol, no minuto 1, de Jorge Segura, para voltear o marcador xa no primeiro tempo por medio de Reiriz e Adrián Estévez. Este último pechou o choque cun novo tanto en minuto 83.
Outro conxunto que despediu o ano con goleada foi o Ribadumia, que venceu cun cómodo 3-0 á Gran Peña con goles de Hugo Soto, Javier Domingo e Rubén González.
Os tres puntos conseguiunos tamén o Cëltiga despois de derrotar ao Barbadás por dous goles a un. Os arousáns inauguraron o marcador por medio de Manuel Santos, empatou para o Barbadás Martín Fernández e no minuto 90, Martín Vidal certificou a vitoria para o Céltiga.
Sen goles pechouse o partido entre o Atios e o Xuventú Sanxenxo. Mentres que o Villalonga caeu derrotado no seu estadio diante do Cultural Areas (1-2) e o Juventud Cambados cedeu tamén os tres puntos na súa visita ao Porriño Industrial (3-2).
Ademais, o choque entre Portonovo e Moaña foi suspendido pola alerta meteorolóxica
Consulta nesta ligazón todos os detalles da xornada
Relacionadas:
-
O Céltiga asalta A Xunqueira e derrota o Pontevedra B na súa casa (0-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Ribadumia leva o derbi ante o Céltiga (0-1) e o Pontevedra B vence ao Cambados a domicilio (1-3)
Por Redacción |
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B salva un punto nos últimos minutos ante o Arnoia (2-2)
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para un Pontevedra B que se impón o Beluso a domicilio (1-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |