Un Pontevedra de dúas caras cae contra o Deportivo en Vista Alegre (3-2)

Por Almu Dapena
O Pontevedra CF perdeu este sábado en Vista Alegre no duelo de pretempada fronte ao Deportivo da Coruña por 3 goles a 2 celebrado. Era outro partido para puír erros e quentar motores coa vista posta na nova campaña, pero os de Ángel Rodríguez cometeron erros individuais que se traduciron nun xogo demoledor dun Dépor superior.
Avisaron os granates nada máis comezar, xerando un par de ocasións que foron un espellismo do que ía acontecer, anotando o primeiro gol do encontro no minuto tres. Á saída dun córner, o colexiado viu man dentro da área dun defensor deportivista e pitou pena máxima. Oier Calvillo, enganando a Mackay, colocou o esférico á dereita da portería para adiantar ao Pontevedra no marcador.
Pero foi un visto e non visto. Despois do gol, o equipo coruñés deu un paso adiante e presionou na área de Cacharrón, que respondeu como puido ás continuas chegadas rivais que se producían sobre todo pola banda de William, que estaba a ser un pesadelo para a zaga granate.
Desta forma, de tanto tentalo, chegou o gol do empate. William desde dentro da área disparou raso coa dereita sorprendendo a Cacharrón e igualando o duelo no minuto 20.
O extremo esquerdo coruñés pasou de goleador a asistente aos catro minutos, cedendo ao seu compañeiro Menudo, que boleó coa zurda para enviar o esférico á malla visitante e colocar ao Deportivo por diante.
Despois do tempo de descanso, e co 2-1 no luminoso, os coruñeses saíron como unha apisoadora, logrando ampliar a vantaxe desde o punto de penalti cando se cumprían 5 minutos da segunda metade. Esta vez, o árbitro viu man de David Soto e Miku, desde os once metros, enviou un zambombazo polo medio da portería de Cacharrón, ampliando así a renda dun Deportivo que aínda quería máis.
Con todo, o Pontevedra, cando parecía que estaba desaparecido, deu un golpe sobre a mesa e, lonxe de conformarse co resultado, comezou a fiar pequenas transicións que finalmente se converteron no quinto tanto do partido. Alberto Rubio, que substituíra a Álex González, reduciu distancias no minuto 67 a pesar das queixas dos xogadores deportivistas que reclamaban falta dentro da súa área.
Co gol do 14 granate o xogo igualouse, ambos os conxuntos xeraron algunha ocasión illada en portería rival pero sen conseguir mover máis o resultado, concluíndo o duelo cun resultado de 3-2 a favor do Deportivo.
"He visto cosas muy buenas, el resultado es lo de menos. Creo que hemos dado un paso muy importante", apuntou tras o partido o técnico granate, Ángel Rodríguez. "Los goles encajados son producto de errores individuales matizados y hablados que no podíamos cometer porque al final son situaciones que prevés sobre el contrario, que espera robar y correr", explicou o leonés, que ve "mucho mejor al equipo" en relación aos partidos disputados ata o momento.
Relacionadas:
-
O Pontevedra finaliza a pretempada con vitoria sobre o Verín (0-4)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra vai con "vento en popa" para afrontar o último test de pretempada
Por Manu Otero |
-
Festín goleador do Pontevedra en Vilalonga (1-8)
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez: "O resultado é o de menos, vexo ao equipo moito mellor"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra precisa un "líder" no centro do campo para pechar o plantel
Por Manu Otero |
-
O partido contra o Dépor será unha oposición para ser titular no Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez pide máis aos seus: "Hai que mellorar moitísimo"
Por Manu Otero |
-
Gol de Álex González e dobrete de Oier Calvillo para dar o triunfo o Pontevedra sobre o Juvenil de Ponteareas (0-3)
Por Redacción |
-
Segunda vitoria da pretempada para o Pontevedra ao superar ao Racing Villalbés na recta final (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |