Samu Araújo, único futbolista a menor ritmo no Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol traballa coa mente posta no duelo do próximo sábado no feudo da Cultural Leonesa, un duelo que aínda se perderá Samu Araújo.
O lateral granate caeu lesionado no duelo da quinta xornada fronte á Balompédica Linense, ao sufrir un tirón muscular e confirmarse posteriormente que padecía unha pequena rotura, e polo momento segue sen traballar ao mesmo ritmo que os seus compañeiros.
Samu exercítase por momentos xa con certa intensidade, pero segue sen tocar balón por precaución e a súa presenza no Reino de León antóllase altamente improbable.
Xunto a Araújo, ademais do ausente Libasse Guèye por compromisos coa selección sub-23 de Senegal, tampouco estará dispoñible para o técnico Luis Martínez.
O outro xogador do Pontevedra que sae dunha lesión muscular, Borja Domínguez, traballa xa con normalidade, do mesmo xeito que un Diego Seoane que xa entrou na convocatoria para o duelo fronte ao Celta B.
SUSTO DE ÁLVARO CORTÉS
O susto da semana deuno o ata o de agora porteiro titular do equipo, Álvaro Cortés, que finalizou o último partido de liga con molestias e que este martes ausentouse da sesión preparatoria para pasar revisión médica. Por fortuna a ecografía á que foi sometido non revelou lesión algunha polo que o gardameta estará en condicións de viaxar a León.
Relacionadas:
-
O balón parado condena a un Pontevedra falto de ideas en León (2-0)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra busca en León "afastar pantasmas" contra un equipo que nunca empata
Por Manu Otero |
-
Álvaro Cortés: "Hai que ter tranquilidade, cremos que as cousas van ir saíndo"
Por Diego Espiño |
-
Derik Osede, un máis no día a día do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un adestramento á vista de centos de escolares
Por Diego Espiño |
-
Viaxe organizada por 45 euros para acompañar o Pontevedra a León
Por Redacción |
-
Antonio Fernández busca o seu once: oito xornadas con oito aliñacións diferentes
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez e Samu Araújo, descartados para Mérida
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Samu Araújo, unha preocupación engadida para o Pontevedra
Por Diego Espiño |