O boxeador Aarón González adestra co campión mundial arxentino, Marabilla Martínez
Por Redacción
O club de boxeo marinense Team Thunder organizará a segunda edición do Open Villa de Marín os días 11 e 12 de marzo no pavillón do colexio San Narciso. A pesar da súa curta historia, o evento é xa toda unha referencia no calendario autonómico e este ano amplía a súa duración e baterá récords de participación.
Máis de 150 boxeadores pertencentes a clubs de todo o territorio español confirmaron xa a súa participación nun torneo que aposta por dar visbilidad a púxiles en idades de formación. Clubs de Andalucía, Estremadura, Madrid, Castela e León, así como das catro provincias galegas inscribíronse xa nun torneo que, entre deportistas, adestradores e público, mobilizará a preto dun milleiro de persoas.
O club marinense dará a oportunidade a unha decena de competidores locais de categorías de base de competir con deportistas de nivel nacional.
Doutra banda, os boxeadores do club marinense, Yohana Jiménez, David González e Raúl Loira, desprazaranse esta fin de semana ao Porto nunha convocatoria da selección galega.
Do mesmo xeito, o capitán da entidade, Aarón González, pasou o entroido en Madrid nunha concentración na que puido adestrar cos mellores boxeadores do país para preparar o seu asalto al campionato galego. O luns foi sparring dun dos mellores boxeadores da historia, Sergio Marabilla Martínez. Ao día seguinte, The Thunder visitou as instalacións do ximnasio de José Valenciano, onde tamén puido cruzar luvas con varios boxeadores profesionais madrileños.
Relacionadas:
-
Martín Grandío, do Team Thunder, concentrado en Los Alcázares coa Selección Española de base
Por Redacción |
-
O boxeador Aarón González quere revalidar o seu título autonómico na Cañota ante o seu público
Por Redacción |
-
O Team Thunder converte o pavillón do San Narciso no epicentro do mellor boxeo de Galicia
Por Redacción |
-
O Team Thunder celebra unha festa para presentar o equipo de competición para un "prometedor" 2023
Por Oskar Viéitez |
-
Xornada de boxeo na Cañota coa cuarta edición da Copa Galicia
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Cañota volverá ser o epicentro do mellor boxeo de Galicia o 26 de novembro
Por Redacción |