Víctor Casais asoma a cabeza no primeiro equipo do Pontevedra a base de efectividade
Por Diego Espiño
Apenas acumula 185 minutos coa camiseta do primeiro equipo do Pontevedra, pero Víctor Casais empeza a confirmarse como unha das mellores noticias na casa granate nun ano tremendamente complicado.
O dianteiro de Muros, fichado procedente do Fisterra o pasado verán para reforzar ao filial pontevedrés, está a aproveitar as súas escasas participacións en Primeira RFEF para deixar o seu selo. Con dous tantos xa no seu haber, o que serviu para sumar os tres puntos contra a Cultural Leonesa e o que daba esperanzas (2-1 momentáneo) ao equipo no feudo do San Fernando, aparece como o ariete con maior efectividade de todo o plantel (un gol cada 92 minutos).
A todo iso súmanse os 13 goles que acumula co segundo equipo en Preferente en 2.017 minutos (un cada 155 minutos) e que resultan claves para que o filial adestrado por Jesús Ramos mantéñase na pelexa polo ascenso a Terceira RFEF.
Casais reivindícase cos seus números e dá argumentos aos que reclaman máis oportunidades para el como proxecto de presente e futuro no club.
Non en balde nin o máximo goleador do primeiro persoal, un Brais Abelenda que suma 7 dianas e que se mantén nuns números similares aos do ascenso do pasado curso, aguanta a comparación de efectividade, xa que a súa media é dun tanto cada 299 minutos.
En canto ao resto de dianteiros, Charles con 5 goles está esta tempada nunha media dun cada 337 minutos (o pasado curso como pichichi da categoría marcaba cada 125 minutos sobre o verde), Martín Diz leva dous goles no seu haber (un cada 328 minutos), Rufo só marcou un tanto en 907 minutos de xogo e Jon Bakero non viu porta en 925 minutos.
No que respecta a os números de Víctor Casais, xogador de só 20 anos, participou ata a data en sete encontros, sempre saíndo desde o banco sendo o partido con maior presencia o disputado contra o Racing de Ferrol (48 minutos).
Relacionadas:
-
A dobre cara do Pontevedra de Señor: números de ascenso en Pasarón e de pechacancelas a domicilio
Por Diego Espiño |
-
Remonta do Pontevedra diante do Sanse para avivar a esperanza da permanencia (2-1)
Por Manu Otero |
-
Señor pide apoio cara aos xogadores que "se van a partir o cobre" contra o Sanse para agarrarse ás opcións de permanencia
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, a ritmo de adestrador cesado por xornada
Por Diego Espiño |
-
Rufo acelera cara á súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Invitacións para socios e baixada xeral de prezos ante a UD Sanse na última bala do Pontevedra para pelexar pola permanencia
Por Redacción |
-
Juan Señor, tras a derrota en San Fernando: "Eu cando cheguei cría neste equipo e sigo crendo nel"
Por Almu Dapena |
-
Derrota en San Fernando dun Pontevedra abocado ao descenso salvo milagre (4-2)
Por Almu Dapena |
-
Un enorme Pontevedra gaña á Cultural Leonesa e permítese soñar coa salvación (1-0)
Por Almu Dapena |