Invitacións para socios e baixada xeral de prezos ante a UD Sanse na última bala do Pontevedra para pelexar pola permanencia
Por Redacción
Non hai máis rede. Todo o que non sexa gañar o vindeiro domingo 30 de abril (17.00 horas) á UD San Sebastián de los Reyes no Estadio Municipal de Pasarón supoñerá na práctica o punto e final ás opcións xa escasas de permanencia que mantén o Pontevedra Club de Fútbol.
Sábeno os afeccionados e tamén no club granate, que habilitaron unha nova promoción esta semana cos prezos e condicións máis alcanzables de toda a tempada.
Así, cada socio poderá retirar ata dúas entradas de balde para acompañantes, en venda anticipada nas oficinas do club ou a través da páxina web do Pontevedra.
Ademais os prezos reducíronse ao máximo para fixalos en 15 euros en Tribuna, 10 euros en Preferencia e 5 euros nos fondos no que respecta ao público xeral. Para os menores de idade de entre 7 e 16 anos o prezo será de 3 euros en calquera das bancadas, mentres que os menores de 7 anos non terán que pasar por despacho de billetes.
Con cinco xornadas aínda por diante, o Pontevedra é actualmente penúltimo na táboa clasificatoria con 31 puntos, a 6 da zona de permanencia e a 7 do seu próximo rival.
ENTRADAS | Pontevedra CF - San Sebastián de los Reyes
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) April 24, 2023
Cada socio adulto poderá retirar para a súa bancada dúas entradas de balde
As entradas de balde soamente se poderán retirar nas oficinas (de luns a venres de 9:00-14:00 e 16:00-19:00) e online en https://t.co/bZp93XwBs5 pic.twitter.com/7lMm6mtJS9
Relacionadas:
-
Señor pide apoio cara aos xogadores que "se van a partir o cobre" contra o Sanse para agarrarse ás opcións de permanencia
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, a ritmo de adestrador cesado por xornada
Por Diego Espiño |
-
Rufo acelera cara á súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Víctor Casais asoma a cabeza no primeiro equipo do Pontevedra a base de efectividade
Por Diego Espiño |
-
Juan Señor, tras a derrota en San Fernando: "Eu cando cheguei cría neste equipo e sigo crendo nel"
Por Almu Dapena |
-
Derrota en San Fernando dun Pontevedra abocado ao descenso salvo milagre (4-2)
Por Almu Dapena |
-
O coeficiente de goles, outro factor decisivo en xogo para o Pontevedra na batalla final pola permanencia
Por Manu Otero |