Coruxo-Pontevedra: Á terceira vai a vencida?
Por Diego Espiño
Momento importante da tempada para o Pontevedra Club de Fútbol, que tras dous empates nas súas primeiras dúas saídas do curso afronta dous encontros consecutivos fóra da casa que poden supoñer un punto de inflexión para o equipo adestrado por Yago Iglesias na súa loita por achegarse ao primeiro posto.
A primeira desas citas será a do próximo domingo 8 de outubro (17.00 horas) fronte ao Coruxo no Vao, estadio que visitan por terceira vez esta campaña tras un amigable en pretempada e unha eliminatoria de Copa Federación. En ambas as dúas ocasións o triunfo foi local, pero Yago Iglesias confía esta vez en poder voltear a situación porque "a liña ascendente do equipo é clara".
"Somos conscientes de que é un desprazamento complicado, pero é unha oportunidade", defende o técnico avisando que "a clasificación non fai xustiza ao que o Coruxo é como equipo", tras sumar só catro puntos nas cinco primeira xornadas de competición e estar situado en zona de descenso.
Despois chegará a visita ao feudo do líder Zamora, pero Yago prefire centrase primeiro no Coruxo e no "aspecto positivo que deses dous partidos o primeiro é aquí preto, e esperamos contar coa nosa afección", sinalou en relación á esperada presenza de seguidores granates no Vao.
A ausencia de Samu Mayo no centro do campo por sanción abre a opción no Pontevedra de cambiar non só de home no once titular senón mesmo de sistema, e é que "temos variables en canto a debuxo. Levamos toda a semana traballando na nosa idea", explica o preparador lembrando que adoita mover as súas pezas. "Só repetimos once unha vez, é a nosa dinámica", asegura.
Ademais de Mayo e do lesionado de longa duración Marcos Barbeiro, seguirá sen entrar na convocatoria Borja Domínguez, ao que "cada vez quédalle menos" para superar o contratempo muscular que sufriu na primeira xornada de liga.
Relacionadas:
-
Victoria granate no Vao para crer (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Dous partidos de sanción a Álex Otero e un a Samu Mayo polas súas expulsións fronte ao Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
O Yelko Pino máis goleador da súa carreira deportiva
Por Diego Espiño |
-
Unha arbitraxe que desquiciou a equipo e bancada a pesar da goleada
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, satisfeito tras a goleada o Guijuelo: "Soubemos ler todas as situacións do partido"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
'Fútbol champagne' e 'manita' en Pasarón
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra, eliminado da Copa Federación tras caer pola mínima fronte ao Coruxo (1-0)
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra sofre unha nova derrota no seu segundo test de pretempada (1-0)
Por Manu Otero |