Gorka Gómez denuncia "presións políticas aos clubs" para que apoien a xestión da venda de entradas do España-Italia
Por Diego Espiño
A polémica xerada pola venda de entradas para o partido da Selección Española contra Italia no Estadio Municipal de Pasarón non termina de apagarse.
O deputado provincial socialista Gorka Gómez denunciou este martes as "presións políticas aos clubs" para que apoien publicamente a xestión da repartición de entradas entre as entidades deportivas de toda Galicia.
"Nos últimos días coñecemos que os clubs de fútbol da provincia recibiron instrucións da Deputación e da Federación Galega de Fútbol para emitir comunicados de apoio á xestión da venda de entradas. Hai que lembrar que reciben subvencións da institución provincial. Parécenos canto menos perigoso utilizar este tipo de vías para defender unha xestión que de xeito evidente foi un desastre e un escándalo manifesto", afirmou Gómez.
O anterior responsable de deportes da administración provincial recoñece que "é moi razoable que se tente apoiar ao fútbol feminino da provincia de Pontevedra pero é un pouco sangrante que desde a institución provincial poñendo 200.000 euros de todos os pontevedreses e pontevedresas se financien as entradas de clubs doutra provincia".
"Coa venda en liña simulada enganouse á cidadanía de Pontevedra. Aínda non sabemos a día de hoxe se algunha persoa foi capaz de compar algunha entrada", afirmou o representante do PSOE nunha comparecencia realizada fronte ao Pazo Provincial.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira recibe a insignia de ouro e brillantes da RFEF
Por Redacción |
-
Alexia Putellas non estará en Pasarón: cae da convocatoria da Selección por lesión
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra xa respira o ambiente do España-Italia
Por Redacción |
-
O PSOE censura a "incompetencia alarmante" do presidente da Deputación no caso das entradas para o España-Italia
Por Anxo Lourido |
-
Rafael Louzán: "Toda rapaza federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar"
Por Diego Espiño |
-
Comeza a posta a punto de Pasarón de cara ao partido entre España e Italia
Por Almu Dapena |
-
Máis da metade do aforo para o España-Italia, comprometido en prevenda aos clubs
Por Diego Espiño |
-
Críticas e indignación pola falta de entradas para o España-Italia: "Non vin a ninguén que as conseguira"
Por Diego Espiño |
-
Tolemia polas entradas do España-Italia en Pasarón: Esgotadas en 15 minutos
Por Diego Espiño |