Dous xogadores do Arousa e un do Ribadumia preparan coa Selección Galega a Copa de Rexións UEFA

O Salnés
30 de outubro 2015

O seleccionador autonómico, Manu Fernández, convocou a Adrián Camiño, Manu Rodríguez e Fran Maros para afrontar dous partidos amigables antes de Galicia comece a primeira fase da competición

Adrián Camiño, no partido entre CD Barco e Arosa SC en Calabagueiros Arosa SC - Rubén Abal

Adrián Camiño e Manu Rodríguez, polo Arosa, e Fran Matos polo Ribadumia foron citados pola Selección Galega de Afeccionados, que participará en decembro na décima Copa de Rexións da UEFA.

O seleccionador galego, Manu Fernández, citou a estes tres futbolistas dentro dunha convocatoria de 22 deportistas que militan nos clubs do Grupo I da Terceira División.

Todos eles afrontarán un partido amigable o próximo 4 de novembro en Coia cun combinado de xogadores do Celta B de Segunda División B e o xuvenil de División de Honra do club vigués.

A primeira fase da competición desenvolverase do 4 ao 6 de decembro, enfrontándose Galicia ao anfitrión do seu grupo, Estremadura, e á Comunidade Valenciana.

Completan a convocatoria da selección: Alejandro Ares (Cerceda), Alfredo Veiga (Barbadás), Andrés Giráldez (Alondras), Brais García (Silva), Carlos Pereira (Rápido de Bouzas), Diego García (Verín), Diego Silva (Choco), Herbert Rey (Boiro), Jaime Agujetas (Alondras), Javier Ares (Villalbés), Jesús Martínez (Boiro), Jorge Callón (Silva), Juan Pérez (Cerceda), Lucas Fernández (Choco), Manuel Justo (Rápido de Bouzas), Martín Leiro (Alondras), Pablo Álvarez (Barco), Sergio Santos (Rápido de Bouzas) e Víctor Manuel Nieves (Verín).