230 niños de velutina retirados en cen días en Pontevedra
Por Redacción
A praga da vespa velutina non da tregua. A vintena de voluntarios, todos eles apicultores e coordinados polo departamento municipal de Medio Ambiente Natural, traballa arreo co fin de erradicala ou cando menos evitar ou minorar a súa expansión.
Nos arredor de cen días que levan actuando, recibiron 250 avisos por parte de veciños do municipio da presencia de niños e retiráronse 230. As previsións da área de Medio Ambiente Natural, que dirixe o concelleiro Alberto Oubiña, falan de que nas próximas semanas haxa un incremento tanto no número de avisos como no de retiradas, xa que a caída da folla pola chegada do outono fará máis visibles os niños.
Neste momento, os niños son máis grandes e na maior parte dos casos se atopan en fincas particulares, ben sexa en froiteiras ou muros, aleros, tellados, etc. Tamén foron retirados algúns en faiados e chemineas e mesmo apareceu algún no chan.
Co fin de garantir unha resposta rápida e áxil o concello está dividido en varias zonas e os voluntarios en grupos, de tal xeito que cada un cubre a zona asignada.
Os voluntarios están saíndo case todos os días, pola tarde-noite, polo que están dando moito do seu tempo libre a isto. Actúan protexidos con traxes especiais, pértegas, gorros, insecticidas... un material facilitado polo Concello.
En xeral o tempo de resposta está sendo bastante curto, pois a maioría dos avisos aténdese no propio día ou no seguinte, en función da dispoñibilidade dos voluntarios.
O concelleiro de Medio Ambiente Natural, Alberto Oubiña, quere pór en valor e agradecer publicamente o traballo desenvolvido polos voluntarios, "un piar fundamental da loita contra a praga da velutina" e dos traballadores municipais que coordinan as accións.
O Concello, a través de Medio Ambiente Natural, puxo en marcha un protocolo de actuación no caso de descubrir un niño de vespa asiática no rural, xa que nas zonas urbanas a encargada da retirada destes niños é a Xunta de Galicia a través dun protocolo específico en colaboración co 112 e os bombeiros.
No caso de que alguén descubra un niño deste tipo de avespa, o Concello solicita a súa colaboración enviando a localización en GPS do niño ao whatsapp do teléfono 679 411 930 (teléfono de Medio Ambiente Natural que non recibe chamadas, só atende mensaxes). O departamento porase en contacto co grupo de voluntarios encargados de retirar os niños para darlles a situación exacta.
Relacionadas:
-
Loita sen tregua contra a velutina: retiran 118 niños no rural e 22 no centro en tres meses
Por Redacción |
-
Máis de 350 niños de avespa velutina retirados no municipio en só catro meses
Por Diego Espiño |
-
A Deputación financia unha investigación da Universidade de Vigo para frear a expansión da avispa velutina
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Stop Velutina: "Sen abellas desaparecerían tres cuartas partes dos produtos que comemos"
Por Marisa Ciordia |
-
A Lama empeza a dicir adeus aos niños de avespa velutina denunciados polos veciños
Por Redacción |
-
Os socialistas reclaman á Xunta medidas "contundentes" contra a plaga velutina
Por Redacción |
-
Bueu insta á Xunta a adoptar máis medidas contra a presenza da avespa velutina
Por Redacción |
-
Reforma sanitaria, velutinas, despedida a catro deputados e IPads
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas acusa á Xunta de pouca implicación na loita contra a avespa velutina
Por Redacción |
-
As avespas velutinas aniñan ata en torres eléctricas
Por Redacción |