'Mulleres en Acción. Violencia Zero' regresa en Marín cun berro contra a violencia machista
Por Redacción
A danza urbana foi este xoves a acción cultural de reactivar tras o confinamento o programa da Deputación 'Mulleres en Acción. Violencia Zero'.
A Alameda de Marín acolleu unha representación da compañía 'Elahood'. Nela as bailarinas Sabela Domínguez e Julia Laport protagonizaron a súa peza 'Protocolo', que a través da mestura de distintos elementos quere poñer o foco sobre moitos protocolos sociais que se impoñen ás mulleres e aos que deben adaptarse para ser aceptadas.
Todo un berro contra a violencia machista nun acto que contou coa participación da deputada provincial de Igualdade, María Vitoria Alonso, e da alcaldesa de Marín, María Ramallo.
"Seguimos obrigadas a mostrar a nosa indignación e rexeitamento contra a violencia exercida contra as mulleres porque, lamentablemente, esta lacra segue sen dar tregua. Pero nós non nos imos a cansar de berrar cada día e denunciar esta situación", sinalou a deputada.
A alcaldesa pola súa banda quixo reivindicar o importante papel desempeñado polos Centros de Información á Muller (CIM) durante o confinamento a pesar das limitacións.
Despois desta acción, nos meses de xullo e agosto desenvolveranse outras seis enmarcadas no 'Mulleres en acción. Violencia Zero'. A próxima será o día 29 de xullo no Concello de Gondomar, que acollerá a actuación de Zeltia coa peza 'Muller tribal' na praza de Paradela ás 12 horas.
Relacionadas:
-
'Violencia Zero' instalala un mural reivindicativo en Bueu
Por Redacción |
-
Cuntis e a Deputación reivindican a "violencia zero"
Por Redacción |
-
Sen minutos de silencio no 25N da Deputación: "estamos fartas do silencio, imos berrar alto e claro contra o maltrato que sufrimos as mulleres"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Concello de Marín realiza seguimento a 29 casos de violencia machista no municipio
Por Redacción |
-
O pavillón de Tenorio estrea un mural contra a violencia machista
Por Redacción |
-
'Mulleres en acción. Violencia Zero' leva as súas reivindicacións a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A artista Lidia Cao crea un mural a favor da igualdade na fachada do pavillón de Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
O lema 'Por nós, por todas' vestirá a balconada da Deputación de Pontevedra para reivindicar a igualdade
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz |
-
As voces das avoas galegas e as súas experiencias, protagonistas en Cuntis na acción de Violencia Zero
Por Redacción |
-
'Mala xente!', unha regueifa feminista para buscar a fin da violencia machista
Por Redacción |