Os talleres do Ganapán traen actividades inspiradas en Exipto e Italia para esta fin de semana
Por Redacción
O Ganapán, programa de lecer infantil do mercado de abastos, regresa a fin de semana do 22 e o 23 de maio cunha oferta na que se convida aos máis pequenos a viaxar por Exipto e Italia a través de talleres de elaboración de dúas deliciosas receitas no seu Espazo Gastro: falafel de garavanzos e ñoquis de pataca.
Ademais, a rapazada tamén poderá pasalo en grande no Espazo Crea, deseñando uns divertidos 'frutivasos' (posavasos de froitas) e uns xardíns en miniatura.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, lembra que este programa está dirixido a nenos de 4 a 10 anos, con sesións ás 11:00 e ás 12:30 horas en ámbalas dúas xornadas.
Para participar nos mesmos será necesario realizar previamente reserva de praza na dirección de correo electrónico oganapan@gmail.com, pechándose as inscricións ás 16:00 horas do día anterior á súa celebración.
Para a xornada do sábado 22 está previsto un taller que "fará voar as papilas gustativas dos nenos ata Exipto, nunha exótica expedición culinaria baseada nunha receita vegana de garavanzos, como é a do tradicional falafel", explica a concelleira.
Ese mesmo día desenvolverase un obradoiro no que, cun chisco de paciencia e un aquel de maña, os pequenos crearán uns 'frutivasos', posavasos de froitas para encher de cor as mesmas das súas casas e, de paso, evitar que se emporquen.
O domingo 23 de maio o programa de O Ganapán regresa cunha nova comida do mundo, neste caso cunha receita 'molto facile e divertente' que terá a pataca como ingrediente principal e tan italiana como esas saborosas boliñas chamadas ñoquis.
Asemade o Espazo Crea organizará un taller de creación dun mini xardín para poder desfrutar del todo o ano.
Relacionadas:
-
Que ben soubo o gazpacho de amorodos dos rapaces do Ganapán
Por Redacción |
-
O Ganapán propón receitas de biscoito e ‘mousse’ e a confección de farois e piñatas para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os obradoiros do Ganapán esténdense esta fin de semana ata o luns 17
Por Redacción |
-
Volven as visitas escolares do Ganapán ao Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O Ganapán ofrece para a fin de semana talleres de cociña e para descubrir os segredos do mar
Por Redacción |
-
As inscricións no Ganapán darán prioridade aos nenos que non participasen antes
Por Redacción |
-
Talleres de cociña, percusión e manualidades con flores esta fin de semana no Ganapán
Por Redacción |