O Ganapán ponse reposteiro e outonal
Por Redacción
O programa de animación e lecer infantil O Ganapán, destinado a nenos de 4 a 10 anos, porase moi reposteiro e outonal esta fin de semana.
Os rapaces que participen nas xornadas do sábado 22 e o domingo 23 nos talleres ofertados pola Concellería de Promoción Económica e Turismo terán ocasión de preparar un pan doce de pasas e noces, que aguanta tenro e esponxoso varios días, e unhas madalenas de castañas coas que, nada máis enfornadas, o Mercado de Abastos arrecenderá a outono.
Asemade, a oferta de obradoiros que se desenvolverán no Gastroespazo inclúe unha actividade na que os máis pequenos poderán modelar pezas artesanais de xoiería (alfaias de arxila) e outra na que confeccionarán postais que recrean as cores desta estación outonal.
Tal e como explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "todos aqueles nenos e nenas interesados en participar deberán reservar praza previamente a través do email oganapan@gmail.com, indicando na mensaxe as posibles alerxias ou intolerancias".
Tanto o sábado como o domingo, os talleres desenvolveranse en horario de 11:30 a 13:30 horas. "Recomendo a todo o mundo que porte a súa friameira para levar a casa as receitas cociñadas", apunta a edil socialista.
Relacionadas:
-
Os doces máis orixinais e saudables agardan aos participantes desta fin de semana no Ganapán
Por Redacción |
-
Catro días de actividades "de medo" no Ganapán polo Samaín
Por Redacción |
-
O Ganapán presentará esta fin de semana os sabores do mundo árabe
Por Redacción |
-
Máis tempo libre e máis Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Receitas de pizza de mazá e gorgonzola e spanakopita de espinacas de queixo, no Ganapán
Por Redacción |