O Servizo de Atención Temperá de Cuntis ten continuidade garantida dous anos
Por Redacción
O Servizo de Atención Temperá que xestiona o Concello de Cuntis terá continuidade. Recibirá unha achega económica da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade de 264.118 euros en dous anos e a cantidade estará reforzada pola achegada pola agrupación de concellos que prestan este servizo (Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Moraña, Portas e Catoira).
Serán 109.979 euros neste ano 2023 e 137.539 euros no próximo exercicio para este servizo que se presta no centro de formación ocupacional A Ran.
Este é xa o quinto ano que a agrupación de concellos presta este servizo, que ofrece unha atención especializada e fundamental á poboación infantil da comarca con alteracións de desenvolvemento ou risco de padecelas.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, considera "irrenunciable" este servizo e entende que é unha garantía de integración social para os nenos e nenas de 0 a 6 anos con problemas evolutivos e unha ferramenta fundamental para as súas familias.
Cinco profesionais, en disciplinas como a psicopedagoxía, a logopedia ou a fisioterapia, atenden semanalmente a unha media de 60 persoas usuarias, con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos e dos seis concellos agrupados.
A xestión do servizo é realizada polo Concello de Cuntis que, tal e como establece o convenio, encárgase dos aspectos materiais (instalación e mantemento), da xestión do persoal, da tramitación administrativa así como da contratación das actividades ou prestacións necesarias, entre outras cuestións
Relacionadas:
-
Sanxenxo estrea unha nova unidade de atención temperá para nenos de 0 a 6 anos de todo o sur do Salnés
Por Redacción |
-
O centro de día de Cuntis terá trinta prazas, como mínimo ata o ano 2025
Por Redacción |
-
Unha achega de 250.000 euros da Xunta garante a continuidade da unidade de atención temperá de Umia
Por Redacción |
-
Nos últimos meses aumentou nun 50% o espazo urbano para o tránsito peonil en Cuntis
Por Redacción |
-
Novo servizo de Estimulación Terapéutica para as personas maiores de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis reforza o Servizo de Atención Temperá para dar cobertura a 22 menores da comarca en lista de agarda
Por Redacción |
-
Cuntis renova o financiamento europeo para manter o servizo de atención temperá
Por Redacción |
-
O goberno local de Cuntis presentará un orzamento para 2022 de máis de 4 millóns de euros
Por Redacción |
-
O Punto de Atención Temperá de Cuntis, un servizo "irrenunciable" para 60 menores da comarca
Por Redacción |