O Gran Montecelo, a polo noveno piso
Por Redacción
A obras do Hospital Público de Montecelo, o coñecido como Gran Montecelo, continúan a bo ritmo e o vindeiro mes está previsto que acade xa o noveno piso sobre la base de cimentación.
As obras en execución consisten na construción dun novo edificio hospitalario cunha superficie de preto de 92.000 metros cadrados distribuídos en 10 andares, desde o -1 ata o 9.
Tal e como se pode observar nos últimos días, o último andar da torre asoma xa a máis de 40 metros de altura en dúas das tres franxas que conforman a zona de hospitalización.
Dado o progreso dos traballos, tamén se prevé que no próximo mes estea rematada a totalidade da estrutura do basamento.
Nas lousas estruturais da 'Z' que conforman a zona de hospitalización, a partir da quinta planta onde os piares deben adaptarse á nova forma do edificio, aplicouse unha técnica construtiva novidosa en Galicia, que converterá a área sanitaria de Pontevedra e do Salnés nun referente construtivo de modernidade e vangarda.
Os traballos executados ata agora e os volumes de material empregados revelan a magnitude da obra, na que se utilizaron máis de 4 millóns de quilos de aceiro pasivo (incorporado ao formigón), máis de 100.000 quilos de aceiro activo, máis de 75.000 metros cadrados de lousa e 40.000 metros cúbicos de formigón.
A partir de agora, e unha vez rematado o búnker de radioterapia, nos vindeiros meses acometeranse os traballos estruturais no muro de contención da avenida Montecelo, a zona dedicada a instalacións e dársenas de carga, así como a última franxa da 'Z' de hospitalización.
Relacionadas:
-
O Novo Montecelo obtén unha alta puntuación no exame de sustentabilidade
Por Oskar Viéitez |
-
Aprobadas, por procedemento de emerxencia, as obras na rúa Eduardo Pondal á altura do número 22
Por Anxo Lourido |
-
O futuro aparcamento do Gran Montecelo terá 900 prazas e prezos "moi competitivos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lores critica que a Xunta non busque alternativas máis "asequibles" a un aparcamento de pago en Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Amplían en seis meses o prazo de execución do novo vial de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
A baixa dos dous pediatras do Centro de Saúde de Bueu provoca unha reorganización das consultas
Por Redacción |
-
Cambio do percorrido da liña 2 do bus urbano de Pontevedra con motivo das obras do Gran Montecelo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
As obras da primeira fase do Hospital do Gran Montecelo acadan o 34 %
Por Redacción |
-
O búnker de radioterapia do Hospital Montecelo estará rematado este ano
Por Redacción |
-
As obras do Gran Montecelo "avanzan a pleno rendemento" e acadarán este ano o noveno andar
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |