Así festexou o Pontevedra coa súa afección o "ascenso virtual" a Primeira RFEF
© PontevedraViva
VÍDEO.- Así festexaron o plantel e a afección do Pontevedra o ascenso a Primeira RFEF no céspede de Pasarón

Por Diego Espiño
A afección do Pontevedra Club de Fútbol celebrou ao grande o ascenso conseguido polo seu equipo este domingo tras empatar co Salamanca CF en Pasarón, por moito que sexa de momento un logro 'virtual' e non matemático.
En canto o colexiado sinalou o final do encontro, conscientes da derrota do Unión Adarve, os xogadores festexaron sen reparos lograr un obxectivo moi pelexado.
Unha invasión do terreo de xogo acabou movendo a festa ás entrañas de Pasarón, ao vestiario granate, pero media hora despois do final do encontro os heroes regresaron ao verde para cantar e saltar ao ritmo dunha inchada de Fondo Norte que seguía inmóbil e sen querer abandonar o estadio.
Cánticos, o capitán portando unha gran bandeira do Pontevedra e ata manteo a Charles, todo entre as habituais consignas dos seguidores e para goce de todos. Porque Pasarón era unha auténtica festa.
Relacionadas:
-
Siareirxs Granates convoca unha xornada de "granatismo e unión" para despedir a tempada
Por Diego Espiño |
-
A afección granate enche un autobús en 48 horas para certificar o ascenso en Palencia
Por Manu Otero |
-
A 'marea granate', rumbo a Palencia para celebrar de novo o ascenso a 1ª RFEF
Por Alejandro Espiño |
-
A Praza do Teucro, epicentro dunha celebración polo ascenso que se prolongou durante horas
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
As redes sociais énchense de felicitacións ao Pontevedra polo seu ascenso
Por Redacción |
-
FOTOS.- Búscate nas imaxes do ascenso do Pontevedra a Primeira RFEF vivido en Pasarón
Por Cristina Saiz |
-
Lores felicita o Pontevedra polo seu ascenso: "O Pontevedra merece estar máis arriba"
Por Diego Espiño |
-
Álex González: "Foi unha tempada dura pero confiamos no que fixemos no campo"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Lupe Murillo: "Creo que nos mereciamos estar en Primeira RFEF, xa o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "A afección alentounos para conseguir cousas positivas, remar con forza e conseguir o ascenso"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |