Álex González: "Foi unha tempada dura pero confiamos no que fixemos no campo"
Nun día tan especial como é o de conseguir un ascenso, non podía faltar nas declaracións de despois do partido o capitán e autor do gol, Álex González, que recoñeceu que todos están "moi contentos" porque é algo polo que "levamos todo o ano traballando".
Trátase dun ascenso do todo especial e que custou moito traballo e sacrificio xa que desde o principio "empezamos dubitativos pero démoslle a volta. Foi unha tempada dura porque ao final vías que non terminabas de recortar pero confiamos moito no que fixemos no campo".
Parte de 'culpa' diso tena o "equipo unido" que formaron todos os xogadores tanto no verde como fóra, con xente que "xogou pouco pero cando o fixo partiuse a alma. Temos todos moito mérito", confirma.
Tamén esa afección da que tanto se estivo falando ultimamente, e máis este domingo, que non fallou na súa cita en Pasarón e participou nesta data histórica para o club na que foi capaz de darlle "un plus" aos xogadores para logralo. Agora, Álex González espera "que o ano que ven sigan vindo domingo tras domingo porque iso nótase, teñen que saber que son un xogador máis".
En canto ao partido ante o Salamanca, o capitán valorou o traballo que realizaron tantos os seus compañeiros como os do rival, que souberon golpear a un Pontevedra que baixou os brazos pouco despois de que o Unión Adarve encaixase o primeiro dos dous tantos polos que perdeu contra o Mariño de Luanco.
De feito, recoñece que tras escoitar á bancada cantar os goles do Luanco, "o equipo tivo personalidade para facer unha boa xestión do tempo e do balón".
Rolda de prensa de Álex González
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Álex González descarta quedar sen ascenso: "Son condicións que no fútbol de hoxe en día non ocorren. Aínda así, imos ir a gañar"
Por Manu Otero |
-
A 'marea granate', rumbo a Palencia para celebrar de novo o ascenso a 1ª RFEF
Por Alejandro Espiño |
-
A Praza do Teucro, epicentro dunha celebración polo ascenso que se prolongou durante horas
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
As redes sociais énchense de felicitacións ao Pontevedra polo seu ascenso
Por Redacción |
-
FOTOS.- Búscate nas imaxes do ascenso do Pontevedra a Primeira RFEF vivido en Pasarón
Por Cristina Saiz |
-
Lores felicita o Pontevedra polo seu ascenso: "O Pontevedra merece estar máis arriba"
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo: "Creo que nos mereciamos estar en Primeira RFEF, xa o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "A afección alentounos para conseguir cousas positivas, remar con forza e conseguir o ascenso"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Así festexaron o plantel e a afección do Pontevedra o ascenso a Primeira RFEF no céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |