Convocada folga indefinida do metal a partir do 18 de xullo se non avanzan as negociacións
Por Anxo Lourido
CIG, CCOO e UGT decidiron desconvocar as dúas xornadas de folga previstas para a próxima semana, os días 12 e 13. Queren dar unha semana de tregua para que se establezan as negociacións coa patronal para tentar alcanzar un acordo que conclúa co conflito laboral, que este venres chegaba a súa sexta xornada de folga.
Pero alertan de que se non se rexistra un avance nas reunións a partir do martes 18 de xullo iniciarase unha folga indefinida.
Con esta medida, segundo comenta Anxo Lúa, secretario comarcal da CIG-Industria de Pontevedra, pretenden evitar que os traballadores non se vexan obrigados polas empresas a recuperar as horas en que estiveron en folga con horas extra ou traballando durante domingos e festivos.
A patronal reclamaba, nos últimos días, unha suspensión da folga para negociar e insisten en que a maioría do persoal está a desexar traballar. Manteñen tamén que houbo un incremento dos salarios no último ano e que non existe convenio algún cunha retribución maior que o do metal.
Pola súa banda, os representantes dos traballadores insiste na subida do custo da vida e que os traballadores deste sector non chega a final de mes xa que o salario medio se sitúa entre os 18.000 e os 19.000 euros brutos ao ano. Lembran que escasea o persoal para traballar no metal porque as condicións actuais son malas.
Os sindicatos convocantes insisten en que o 100% do persoal secunda a folga. Nesta xornada, durante a madrugada, un dos piquetes prendeu lume a pneumáticos na rotonda de Lérez e tamén interromperon o tráfico nos accesos ao polígono de Sequeiros, no municipio de Barro.
Os piquetes acudiron ás empresas pequenas nas que, segundo indica Lúa, o persoal que estaba a traballar se sumou á folga e á manifestación que se desenvolveu entre Mollavao e o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, situado na avenida María Vitoria Moreno.
As protestas afectaron tamén á circulación rodada na comarca de Caldas con intervención de representantes sindicais nas empresas da zona.
Relacionadas:
-
Preacordo no metal para evitar a folga indefinida
Por Redacción |
-
Cortes de tráfico e barricadas en ENCE nunha nova xornada de folga do sector do metal
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
O metal continúa en loita reivindicativa con piquetes en Ence e cortes de tráfico na cuarta xornada de folga
Por Anxo Lourido |
-
A manifestación do metal interrompirá este mércores a circulación no centro de Vilagarcía
Por Anxo Lourido |
-
Terceira xornada de folga do metal con cortes de tráfico nas rotondas do Nó do Pino
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un piquete nesta segunda xornada da folga do metal impide a entrada á fábrica de persoal de contratas de Ence
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada