Alexander Kachelaev desvincúlase do CGTD tras 30 anos formando os loitadores galegos
Por Diego Espiño
O crecemento e boa saúde actual da loita olímpica galega ten un nome propio, o de Alexander Kachelaev (Moscova, 1946).
Desde a súa chegada a Galicia no ano 1990 foi o responsable da formación de centos de deportistas, estando detrás de máis de 150 medallas de deportistas galegos en campionatos nacionais e da súa participación en eventos internacionais.
Agora, este veterano técnico di adeus á que foi a súa segunda casa, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, ao desvincularse do seu posto como responsable na formación dos deportistas bolseiros pola Xunta na sección de loitas olímpicas.
Kachelaev ocupou este cargo desde o ano 1992 ata a actualidade, pero agora dá un paso ao carón aínda que seguirá colaborando co deporte que ama.
Chegado desde a antiga Unión Soviética e cun currículo envexable ás súas costas (foi adestrador xefe de loita olìmpica do equipo nacional da URSS e exerceu de responsable da organización dos deportes de combate durante os Xogos Olímpicos de Moscova 1980), agora o técnico ruso achegará o seu gran de area nun novo labor, como encargado das relacións internacionais para os grandes eventos que terán lugar en Pontevedra e en Galicia durante os próximos anos, empezando polos mundiais de Grappling e de Loita Sub-23 que terá lugar en outubro na Boa Vila.
A súa marcha, aínda que non sexa unha desvinculación completa, deixa con el un gran legado tras formar á columna vertebral da loita olímpica de Galicia durante tres décadas.
Relacionadas:
-
Unha xornada de loitas olímpicas no CGTD na memoria de 'Sasha'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Recoñecemento póstumo da Xunta e a Federación Galega de Loita a Alexander Kachelaev
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Loita organiza un torneo en memoria de Alexander Kachelaev
Por Diego Espiño |
-
Falece Alexander Kachelaev, responsable da loita olímpica no CGTD durante tres décadas
Por Diego Espiño |
-
A II Copa de Galicia de Loitas Olímpicas cita a 200 deportistas no Príncipe Felipe
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sesión formativa no CGTD para os árbitros galegos de loita
Por Redacción |
-
Constituído o comité organizador do Mundial Sub-23 de loitas olímpicas que se celebrará en 2023 en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A Federación Internacional ratifica por carta a Pontevedra como sede do Mundial Júnior 2024 de loita
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra, capital da loita: Acollerá o Mundial de Grappling Cadete-Júnior 2022 e o Mundial Júnior 2024
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra pasa exame para afrontar o Europeo Cadete de Loita en 2023 e o Mundial Júnior en 2024
Por Almu Dapena |
-
Lores marca como obxectivo a medio prazo "avanzar cara ao Campionato do Mundo Absoluto" de loitas olímpicas
Por Diego Espiño |