Os alcaldes do PP piden á Deputación que apoie a creación dos GES en Moraña e A Lama
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os alcaldes de de Campo Lameiro, Portas e Moraña, todos do Partido Popular, valoraron moi positivamente a proposta da Xunta de Galicia de crear un Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) no veciño concello de Moraña e outro no da Lama "atendendo a criterios técnicos e de operatividade para mellorar os tempos de resposta en casos de vida ou morte" polo que piden o apoio da Deputación.
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, ve esta solución como "un modo de poñer fin a problemas de localismos e buscar unha alternativa que dispoña das mellores isocronas para poder atender a unha poboación rural moi dispersa que nestes momentos era atendida desde diferentes parques e dispositivos de emerxencias pero sin satisfacer a ninguén polo excesivo tempo de resposta ante un accidente ou un sinistro de gravidade".
O rexedor de Portas, Ricardo Martínez, considera que esta proposta da Xunta "é suficientemente solvente e dá resposta a unha petición reiterada e moi demandada pola cidadanía" de todos estes concellos, consistente en contar con elementos de intervención que actúen dun xeito rápido e eficaz ante situacións de emerxencia onde pode perigar a vida unha persoa.
E finalmente, o alcalde de Moraña, José Cela, confirmou que o Concello aceptará de moi bo grao este emprazamento e lembrou que Moraña xa estaba disposta a asumir o GES hai meses tras a renuncia de Valga. Cela avoga por un "entendemento entre administracións" e dixo que agora "só é necesario que a Deputación se sume a esta gran solución".
GES NA LAMA
Pola súa banda o alcalde da Lama, Jorge Canda, valora moi positivamente a proposta da Xunta de Galicia de ubicar neste municipio a base dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) que socorra ás demandas de intervención rápida en seguridade nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, Ponte Caldelas e A Lama.
Canda felicitou á Xunta pola proposta e sinalou que "estamos dispostos a asumir o reto de acoller no noso municipio a creación dun GES".
Segundo Jorge Canda esta proposta "xurde dun estudio técnico serio e que ten en conta as isocronas para optimizar os tempos de resposta ante unha emerxencia real onde pode haber vidas humanas en xogo. Deste xeito darase solución ao grave problema de sombras en materia de emerxencias que padecemos estos catro concellos, moi lonxe das isocronas recomendadas para socorrer a unha persoa en situación que moitas veces é de vida ou morte".
O alcalde da Lama dirixiuse á presidenta da Deputación, Carmela Silva, para pedirlle que "asuma as súas responsabilidades neste tema, deixe de entorpecer e se poña do lado da razón e dos veciños e veciñas que demandan desde hai anos unha solución eficaz frente a tardanza dos servizos de intervención en caso de emerxencia".
A Deputaciçon, segundo o rexedor, "é a realmente competente neste tema e que debe socorrer e resolver as necesidades que temos os concellos modestos en materia de atención das emerxencias".
Relacionadas:
-
BNG e PSOE de Moraña, en contra da subida salarial para o alcalde popular José Cela
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Buscan unha solución para encaixar a singularidade do Grove nos GES
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación acepta a proposta dos novos GES
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Deputación acepta a proposta dos novos GES
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Crean un centro de estancia para persoas maiores en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade apoia a creación dun GES porque antepoñen "o benestar e a seguridade das persoas a calquera outra cuestión"
Por Redacción |
-
A Deputación agarda pola documentación que avalíe a proposta da Xunta sobre os novos GES
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Concellos destina 250.000 euros a Campo Lameiro
Por Oskar Viéitez |
-
Un GES con base na Lama atenderá tamén a Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Fornelos
Por Redacción |
-
O alcalde de Caldas arremete contra a Xunta tras a sentenza que obriga a Valga a readmitir o persoal do GES
Por Redacción |
-
Moraña acepta a proposta da Xunta e será a nova sede do GES para a comarca do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
"Sorpresa maiúscula" na Deputación pola decisión da Xunta de situar o GES en Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas só adoptará o GES de Valga se o financian os concellos da Mancomunidade do Ulla-Umia
Por Redacción |