A gala solidaria "Todos con Gustavo Dacal" celebrarase o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas
Por Redacción
Un total de oito agrupación musicais e artistas participarán, o venres 27 de xaneiro a partir das 19 horas no salón de actos do Colexio Manuel Cordo Boullosa, na gala solidiaria "Todos con Gustavo Dacal".
Está organizada polas asociacións veciñais, culturais e deportivas e comunidades de montes de Ponte Caldelas para recadar fondos para costear os gastos médicos do plusmarquista español en lanzamento de xavelina e veciño de Baltar, Gustavo Dacal Martínez, que se atopa ingresado nun hospital de Veracruz (México).
No festival benéfico participarán Manoele de Felisa, Raider Rómulo y Remo, Sara e Sofía, Son das Tabernas, Acordes Son do Verdugo, Arte Maña, Cuatro Acordes e Desconcerto.
Todos eles actuarán de xeito gratuíto e desinteresado para axudar á familia do atleta pontecaldelán a sufragar os gastos das operacións e a estancia hospitalaria de Gustavo Dacal en México, país no que levaba traballando 10 anos cando foi sorprendido por unha infección xeneralizada do seu organismo que provocou que tivera que ser intervido de urxencia en catro ocasións.
A organización do evento benéfico está procedendo a distribuir os carteis anunciadores da gala, que contan co patrocinio de establecementos comerciais colaboradores, e tamén á venda anticipada das entradas que a un prezo de 5 euros se vehicularán en principio a través das asociacións e entidades colaboradoras e tamén se venderán en taquilla o día propio do festival.
As persoas que queiran colaborar coa recadación, pero que non poidan asistir á gala poderán facelo a través da adquisición de entradas "Fila Cero", tamén a 5 euros cada unha, que poderán ser tamén adquiridas a través das entidades veciñais.
Relacionadas:
-
Gustavo Dacal xa está Galicia para continuar o seu tratamento
Por Oskar Viéitez |
-
Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recada 4.000 euros para axudar a Gustavo Dacal na súa recuperación
Por Redacción |
-
O CGTD acolle o control solidario para recadar fondos e axudar a Gustavo Dacal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Medio milleiro de atletas apoiarán a Gustavo Dacal no control solidario do CGTD
Por Redacción |
-
A elite do deporte español grava un vídeo para apoiar e pedir axuda para Gustavo Dacal
Por Manu Otero |
-
Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Organizan unha gala benéfica para recadar fondos que custeen o tratamento de Gustavo Dacal en México
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño |