Silvia Aguete, nomeada mellor gardameta do mundo: "Que la gente reconozca tu trabajo es un orgullo"

Por Diego Espiño
No medio da incerteza que rodea ao futuro da tempada deportiva e en pleno confinamento pola incidencia do coronavirus, o Poio Pescamar celebra a noticia de contar coa mellor gardameta de fútbol sala do mundo.
Silvia Aguete foi recoñecida nos premios anuais do portal Futsalplanet como a mellor porteira do planeta sumando 719 puntos e superando na votación á portugesa Ana Catarina Silva (664 puntos) e á brasileira Ana Carolina Caliari (452 puntos).
"Que la gente reconozca tu trabajo es un orgullo", asegura a pontevedresa, que "en cualquier caso yo ya estaba satisfecha" só por estar na lista das 10 mellores xa que "son muchas porteras nominadas con mucho nivel, internacionales y me parecía complicadísimo".
Silvia Aguete sobre a posibilidade de gañar un título co Poio: "A nivel personal es la espinita que tendría a la hora de pensar en dejar este deporte"
A gardameta xa fora segunda hai un ano nos Umbro Futsal Awards, e a pesar diso mantén que non esperaba ser galardoada "para nada". A pena que lle queda é que debido á situación actual de estado de alarma "es una celebración un poco agridulde", recoñece botando de menos a "familia, amigos o compañeras porque no puedes compartirlo con ellas".
O premio chega quizais no seu mellor momento deportivo, despois de ser clave por exemplo na Eurocopa conquistada en 2019 pola Selección Española: "creo que estos dos años con la madurez deportiva me vino lo mejor de este deporte", asegura.
Pero aos seus 33 anos aínda quedan retos por asumir. Un en particular sobresae por encima do resto, o de conseguir levantar un título nacional co Poio Pescamar. "A nivel personal es la espinita que tendría a la hora de pensar en dejar este deporte", revela, aínda que cunha palabras para a esperanza ao recoñecer que "o club está a traballar moi ben para conseguir ese tipo de obxectivos".
Se se reinicia a tempada esa opción de tocar título podería vir na Copa da Raíña, clasificadas xa para a súa fase final, e é que aínda que a liga non se chegue a completar "espero como mínimo poder disfrutar de la Final a 4 de Copa", defende a flamante mellor porteira de fútbol sala do mundo. Todo un motivo de orgullo para o Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Silvia Aguete volve dous anos despois á lista de nomeadas a mellor gardameta do mundo
Por Redacción |
-
Silvia Aguete pon fin á súa etapa no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Caridad García, nomeada a mellor gardameta mundial de fútbol sala
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete recibe meses despois o seu premio como mellor gardameta do mundo
Por Redacción |
-
Antía Pérez, do Poio Pescamar, preparada para volver á cancha tras a súa operación de xeonllo
Por Redacción |
-
Iria Saeta, primeira saída nun Poio Pescamar que empeza a planificar a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Manuel Cossío é o elixido para dirixir ao Poio Pescamar
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Silvia Aguete, a mellor porteira do mundo en fútbol sala
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Raúl Jiménez deixa de ser adestrador do Poio Pescamar
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar leva o derbi ante o Ourense Envialia (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Silvia Aguete queda ás portas de ser nomeada mellor porteira do mundo
Por Redacción |