Cara a cara #290: Criptomonedas, con José Ramón Oulego
Sab | 17:00 | 17:31
As criptomonedas son moedas dixitais admitidas como moedas de pago. A máis coñecida é o bitcoin, aínda que hai miles. Chegaron para quedar e non só iso, para normalizarse, diversificar o seu uso e non en moito tempo. Con José Ramón Oulego Erroz, avogado e membro dos servizos legais de ADICAE, coñecemos os termos e cuestións básicas para comprender que son, como funcionan e como se utilizan.
Fotografía: Mónica Patxot