Cara a cara #391: Lorenzo Silva e 'Púa'
Lun | 18:00 | 18:28
A novela 'Púa' leva o nome do seu protagonista, un libreiro que ante a petición dun antigo compañeiro volve ao seu pasado co fin de cumprir a misión que lle encomenda: "a súa filla corre perigo e ten que afastala da vida que leva e de quen a rodea, custe o que custe". Púa é un home que formou parte de "a guerra sucia do Estado". Lorenzo Silva quixo asinar unha historia universal: "mergullar na dimensión que ten o mal e como está dentro da condición humana".
Foto: Carlos Ruiz B.K.