Cara a cara #452: Abril Camino e 'Nuestro último verano en la isla'
Mér | 17:00 | 17:21
'Nuestro último verano en la isla' é o título que acaba de publicar este pasado xaneiro a coruñesa Abril Camino. Fai o número dezanove na súa traxectoria como autora e non foi ata o de agora con 'Nuestro último verano en la isla' cando incluíu uns emprazamentos especiais: "é probablemente a primeira novela que mo pediu; está entre Coruña e Foz, que é o meu pobo, aínda que lle chamara isla. E sendo estes lugares quería que fose unha novela moi especial".
Que pasou entre os pais de Mariña e Lucas nesa illa no verán de 1975 para que corenta anos despois sígalles afectando?, "todo sae á luz, aínda que xa existise, coa morte do señor Martín e o que este deixa escrito no seu testamento. É o que fai reunirse de novo aos protagonistas tras dezaoito anos sen verse".
Foto: Nines Minguez/Planeta