Cara a cara #410: Mr River no Festival de Jazz de Pontevedra
Mér | 17:00 | 17:21
Pablo Patiño e Mr River poñen a recensión galega ao Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Quedamos co trío pontevedrés que integran Miguel del Río (guitarrista e compositor), Santi Marsan (baixo) e Marcos Corbacho (batería); son de Vilaboa e Pontevedra os dous últimos.
Fálannos das súas traxectorias musicais antes de converxer en Mr River. Arrincaron en 2018 e publicaron tres epés. Fan jazz rock fusión. Non é a primeira vez que participan neste Festival pontevedrés. En 2019 foron os encargados de abrir a edición. Do mesmo xeito que naquela ocasión non actuarán en formato trío, senón como cuarteto, acompañados doutro músico oriúndo de Pontevedra, Adrián Solla.