Cara a cara #454: 'As vidas do río' de Xulio Teixeira

Cara a cara #454: 'As vidas do río' de Xulio Teixeira

Mér | 17:00 | 17:34

Xulio Teixeira Rodríguez volve a PontevedraViva Radio en solitario, sen a compañía das súas dúas fillas. A ocasión anterior os tres presentaron o libro 'Os números viaxeiros', escrito a seis mans. Esta vez é Xulio quen trae a súa primeira novela, 'As vidas do río' que publica con Galaxia. O autor é avogado e profesor de Dereito na Universidade de Vigo. Xa escribía, pero sempre poesía, de noite e no móbil. Foi durante o confinamento da pandemia do 2020 cando, sen intención de publicar e en 35 días terminou este thriller.

É oriúndo de Porriño, pero vive en Pontevedra. 'As vidas do río' leva á súa portada, non por casualidade, o santuario da Peregrina e a escultura de Ravachol. Avanza Teixeira no podcast 'Cara a cara' que "o que buscaba en certa maneira era unha homenaxe a esta cidade que me acolleu fai máis de vinte anos e coa que síntome totalmente identificado; non só pola cidade en si que é preciosa, senón tamén polo modelo de cidade". Unha homenaxe que non difumina os lugares que aparecen e cuxos personaxes tamén poden resultar recoñecibles. Como exemplo, Silvio Lores a quen pode soar?.

Outro elemento da novela que a fai recomendable para este momento preciso do ano en que estamos é que temporalmente está ambientada durante a Semana Santa. Un crime, ou máis, na cidade do Lérez e que investigan o comisario Serafín Freixeiro e o subinspector Alvaro Casas, "unha especie de Sherlock Homes e Watson ou Don Quixote e Sancho Bandullo". Unha historia de intriga na que tamén se atopa humor e crítica, económica, política e relixiosa, para todos hai.

Cara a cara

Un ti a ti. Para coñecer un quen, un que, un cando, un como ou un porqué

RADIO.- Escribiuse un crime, foi en Pontevedra e en Semana Santa

Por |

Este avogado e profesor porriñés leva fincado en Pontevedra máis de dúas décadas. En 'As vidas do río' debuta como escritor de novela con Galaxia e cunha homenaxe á cidade do Lérez. Charlamos de novo con Xulio Teixeira en PontevedraViva Radio

Cara a cara #321: The Same

Lun | 17:00 | 17:21

The Same é unha banda de música AOR pontevedresa. Antonio Villanueva máis José Montejano, son dous dos integrantes.

Descargar
Cara a cara #321: The Same

Cara a cara #206: Mabel Lozano

Mér | 21:00 | 21:33

Mabel Lozano, directora e guionista de cine social. Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres e menores.

Descargar
Cara a cara #206: Mabel Lozano

Cara a Cara #177: Tomás Abeigón

Mér | 21:00 | 21:46

Tomás Abeigón, licenciado en INEF, campión de España de Fisicoculturismo e autor da investigación sobre a Bella Otero e Eugene Sandow.

Descargar
Cara a Cara #177: Tomás Abeigón

Cara a cara #161: Ana López Durán

Xov | 21:00 | 21:30

Ana López Durán, profesora da Facultade de Psicoloxía e coordinadora da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos da Universidade de Santiago.

Descargar
Cara a cara #161: Ana López Durán

Cara a cara #147: Enrique Valero

Mér | 21:00 | 21:26

Enrique Valero, Doutor Enxeñiero de Montes, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra e membro de varios comités consultivos da CE.

Descargar
Cara a cara #147: Enrique Valero

Cara a cara #127: Víctor Loira

Mér | 21:00 | 21:27

Víctor Loira, vicepresidente de ASEII, (Asociación Socio Sanitaria Educativa de Enfermidades Inflamatorias Intestinales e Ostomizados).

Descargar
Cara a cara #127: Víctor Loira

Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Mér | 21:00 | 21:21

Beatriz Ramírez Canosa é un exemplo dos mozos actuais. Preparados academicamente tiveron que buscar un futuro fóra. Fálanos da súa experiencia en Estados Unidos.

Descargar
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Mér | 21:00 | 21:24

O I Festival Internacional Galicia Magic Fest chega este decembro con vocación de quedar. Seis ilusionistas compartirán escenario na Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra.

Descargar
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Lun | 22:00 | 22:46

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández, fai balance deste primer ano de mandato; ou o que é o mesmo, deste décimo sétimo exercicio presidindo o concello pontevedrés.

Descargar
Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo

Mér | 21:00 | 21:34

Gonzalo Sotelo é un dos compoñentes do Equipo de Investigación de Delitos de Telemáticos da Garda Civil, na Comandancia de Pontevedra

Descargar
Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo
Fechar