Cara a cara #312: I Xornada de Biodiversidade en Pontevedra
Mar | 17:00 | 17:22
Fátima Otero e Roberto Díaz son os fundadores de AECAM a Asociación Educativa e Cultural Animais do Mundo que traballa en Pontevedra. Esta entidade é a promotora da I Xornada de Biodiversidade que se vai a desenvolver este próximo domingo 25 de setembro no Centro Social de Salcedo a partir das 10.30 horas. Contaron coa colaboración da Concellería de Benestar Animal do Concello de Pontevedra e de XOGA.
Para achegar aos asistentes "a natureza que temos ao redor" van contar coa participación de diversos expertos que falarán desde insectos ao oso pardo. Está pensada para calquera persoa con interese na natureza, profesional ou non e desde menos a máis idade. A asistencia é gratuíta e só require inscribirse chamando ao 667 231 974 ou no correo electrónico info@aecamgalicia.com
Neste 'Cara a cara' dannos máis detalles do contido da convocatoria.