Cara a cara #350: Francisco Rábano
Mar | 17:00 | 17:35
Hai ocasións en que a vida fai que pares e reorientes o camiño. Unha desas ocasións leva por nome Francisco Rábano. Antes alto executivo e agora "andarín, tecedor de historias". Charlamos con el á súa chegada a Vilagarcía, onde os seus pés acadan á cifra dos 4.000 quilómetros percorridos pola costa ibérica en busca de emprendedores de carácter ambiental, social ou de "apego ao terreo".