La Cafetera 07sep2017
Xov | 08:30 | 10:00
O deputado no parlamento catalán por Catalunya Si Que Es Pot, Joan Coscubiela, foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com horas despois de que fose aprobada a Lei de Referendo. Sobre os partidos que promoveron a lei, Coscubiela asegura que seguen "defendendo o referendo contra vento e marea porque para eles fíxose imprescindible e da maneira na que o están facendo Junts pel Si e CUP están a esnaquizar o instrumento que é o referendo". Así, o deputado critica a Lei de Referendo aprobada pero non o referendo como tal, porque considera que "non vai haber outra solución".