La Cafetera #05feb2018
Lun | 08:30 | 09:56
Hibai Arbide relatou “o malestar social” do que se están aproveitando desde a formación política de extrema dereita ‘Amencer Dourado’. Algo que “dá medo” nun contexto no que, “os pensionistas gregos han perdido o 40% de poder adquisitivo”.
Así o explicou o xornalista en "La Cafetera" de radiocable.com. O xornalista foi entrevistado por mor dunha “preocupante” manifestación na praza Syntagma onde “a única formación política que sentía cómoda era Amenecer Dourado”. Nela “tamén participo Nova Democracia e algúns deputados de ANEL, socios de Syriza”.
Un acontecemento que se enmarca no mesmo fin de semana que se coñecían dous novos focos da ultradereita en Europa: o asasinato de seis inmigrantes africanos a mans dun neonazi en Macerata (Italia) e a marcha ultradereitista dunhas 2.000 persoas contra a chegada de solicitantes de asilo en Cottbus (Alemaña).