La Cafetera #08feb2018
Xov | 08:30 | 09:58
"La Cafetera" de radiocable.com lembra a fuxida de 150.000 andaluces, a maioría malagueños, fuxindo das tropas franquistas que ían ocupar Málaga: "La Desbandá". E en 2018 é lembrada coa segunda edición da Marcha "La Desbandá", un percorrido que realizan varias persoas durante dez días pola estrada que conecta Málaga con Almería.
A política andaluza Teresa Rodríguez foi entrevistada desde a propia marcha: A marcha termina en Torre do Mar onde se fará unha homenaxe a Anselmo Vilar, o farero que cando se produciu "La Desbandá apagou o faro para evitar que os bombardeos dos barcos e avións masacraran a máis persoas”. E “despois de salvar a vida a miles de persoas, foi detido e fusilado”.