La Cafetera #15feb2018
Xov | 08:30 | 09:58
Tras o acordo entre a compañía e os traballadores sobre os salarios, Juan Carlos Asenjo (Coca Cola En Lucha) foi entrevistado en "La Cafetera" de radiocable.com: “Cremos que esta conciliación sería un elemento positivo para que a compañía dese un paso adiante e sentarnos a resolver de maneira dialogada o outro elemento que nos falta para poñer fin ao conflito”. “Nós cremos que hai que empezar a falar dun proxecto real en Fuenlabrada para acabar con este conflito que, verdadeiramente, prexudica a todos”, afirmou.
Con todo, “esta vitoria xa estaba amortizada, iso xa se conseguiu en setembro de 2015 cando se anulou o ERE”. Pero, desde o 1 de outubro de 2015, cando foron readmitidos “Coca Cola non está a pagar os salarios que ditou a xustiza”. “Levaban mais de dous anos sen cumprir con este aspecto”, insistiu.