La Cafetera 20sep2017
Mér | 08:30 | 09:56
O activista de Ecoloxistas en Acción, Juan Clavero, foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com, onde relatou a "trampa" que lle tenderon poñendo 6000 euros de droga na súa furgoneta: "O auto xudicial deixa clarísimo que eu non soamente non teño que ver co trafico de drogas senón que fun vítima dunha trampa. E dá un rapapolvo ás administracións, dicindo que isto ocorre porque os cidadáns teñen que enfrontarse a situacións conflitivas para transitar por camiños públicos mentres as administracións non fan nada", asegurou.