La Cafetera 28xul2017
Ven | 08:30 | 09:41
Este venres A Cafetera de radiocable.com despediuse ata a súa volta de vacacións. Os oíntes fixeron unha canción conxunta: A Galopar, de Paco Ibáñez. Tamén como cada mañá, repaso á actualidade coas portadas impresas e dixitais de xornais. Destacaban as cifras da última EPA que baixou en 340.700 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 8% menos. Un repaso ás noticias máis destacadas desta tempada en España e resto do mundo. Como foron os casos de César Strawberry e os titiriteros, acusados de enaltecemento de terrorismo polas súas cancións -no caso de Strawberry- e por facer unha obra de teatro sobre unha montaxe policial e un cartel inventando a frase "Gora alka ETA". E un espazo á cultura, á análise da película "A Viaxe de Chihiro", unha recomendación votada polos oíntes.