
La Cafetera 19nov2018
Lun | 08:30 | 10:02
'La Cafetera' de radiocable.com entrevistou a Mohamed Sidati, ministro delegado para Europa da Fronte Polisario, coincidindo coa visita oficial de Pedro Sánchez a Marrocos. Mohamed Sidati afirmaba que “o Estado español debe transmitir unha mensaxe clara e contundente a Marrocos: pedirlle o respecto á legalidade internacional, o respecto do dereito do pobo saharauí á autodeterminación, e o cesamento da violación de dereitos humanos nos territorios ilegalmente ocupados”. Porque, insistiu: “España ten débeda pendente cara ao noso pobo.