La Cafetera #25xan2018
Xov | 08:30 | 09:19
Tras as palabras do exsecretario xeral do PP valenciano, admitindo que o seu partido “financiouse con diñeiro negro” na campaña electoral das eleccións de 2007 ante o xuíz, xeraron unha gran polémica na opinión pública e os medios de comunicación. E La Cafetera de radiocable.com parte destas declaracións para xerar un debate sobre a relación do Partido Popular cos seus casos de corrupción.
O programa recorreu á hemeroteca na que atopou a afirmación de Mariano Rajoy en 2009 asegurando que as acusacións de corrupción ao seu partido eran “unha trama contra o Partido Popular” e non “unha trama do PP”.
O actual presidente do goberno Mariano Rajoy foi preguntado o mesmo día no que Ricardo Costa vinculou a financión “en negro” ao seu partido e asegurou que el non sabía nada respecto diso.