
La Cafetera 8xan2020
Mér | 08:30 | 10:38
En La Cafetera de radiocable.com analizáronse as posibles consecuencias do ataque iraniano contra dúas bases militares da coalición liderada por EEUU en Iraq. O programa analizou ademais a segunda convocatoria da sesión de investidura que converteu onte a Pedro Sánchez en novo presidente do goberno español. Como cada mércores, La Cafetera tamén dedicou un espazo á ciencia da man da divulgadora científica Ainhoa Goñi que analizou o estudo do Centro Nacional de Epidemiología sobre os riscos para a saúde que ten a contaminación. O programa inaugurou ademais un novo espazo dedicado á innovación onde Pepe Romero reflexionará cada semana sobre transformacións, avances e cambios na tecnoloxía, o comportamento humano e a sociedade.