La Cafetera 19xul2018
Xov | 08:30 | 10:04
'La Cafetera' de radiocable.com entrevista a Mónica Hidalgo, membro da Caravana Abriendo Fronteras. Un proxecto que “comezou fai tres anos coa situación en Grecia das persoas refuxiadas que chegaban ao país” para visibilizar a situación de inxustiza. O ano pasado foron a Melilla e este ano en Italia. “Europa está a mirar cara a outro lado mentres miles de persoas morren no Mediterráneo, buscando rutas cada vez máis inseguras”- denuncia.
Destacou a deríva de “unhas políticas inhumanas onde as vidas das persoas parece que non valen nada”. Mónica Hidalgo fala desde Sicilia (Italia). A caravana leva en Italia seis días e está formada por unhas 300 persoas co propósito de “crear redes”. “Poñémonos en contacto con colectivos que traballan a nivel local para crear redes tamén a nivel europeo para traballar xuntas”- explica.