La Cafetera #04oct2017
Mér | 08:30 | 09:59
O analista político Nacho Corredor destacou do discurso que fixo o rei este martes que ?"alou para o 40% dos españois e o 20% dos cataláns. E iso é a constatación de que a Constitución ou se renova ou romperá", engadiu. Corredor avisou de que "agora hai unha oportunidade, quen sabe se a última?". Porque, afirmou: "O tema catalán non se resolveu nunca". Para este analista político "o pacto constitucional está morto, está roto". E, "tanto o 15M como o movemento independentismo son o síntoma do esgotamento do pacto constitucional".
Nacho Corredor tamén alertou de que "están a queimarse moitos cartuchos en moi pouco tempo". Segundo Corredor, "en Madrid reaccionouse moi tarde e esta reacción é unha demostración do desconectada que está unha opinión publica e outra". Unha desconexión que lle "preocupa".