
La Cafetera 09abr2020
Xov | 08:30 | 10:37
O xornalista Iñaki Gabilondo foi entrevistado en La Cafetera de radiocable.com onde reflexionou sobre os retos globais que haberá que afrontar tras a pandemia. Para Iñaki Gabilondo, para afrontar os problemas inmediatos é «fundamental que haxa conciencia de emerxencia, de que ningún partido pode facelo só, e que ningún diga que pode facelo así». «Necesitamos un tempo de mentes moi abertas, capaces de ter posicións ideolóxicas claras pero, ao mesmo tempo, entendelas con anchura de banda para afrontar unha situación que é inédita e terriblemente difícil».