La Cafetera 17mai2018
Xov | 08:30 | 10:16
O Secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, foi entrevistado en "La Cafetera" de radiocable.com: “Este sería un país mellor se o Partido Socialista non entrase nesta batalla que hai na dereita por ver quen é máis bruto en Cataluña”. Unha batalla que “está a facer moitísimo dano á convivencia e fracturando a sociedade”. “Se o PSOE non entrase nesa nesa batalla creo que poderiamos empezar a andar ese camiño de resolver os conflitos politicamente e non a golpe de bandeira ou de xulgado”, dixo.