Cara a cara #475:  Carmen Romero + 'Esto no está pasando'

Cara a cara #475: Carmen Romero + 'Esto no está pasando'

Sab | 17:00 | 17:26

Carmen Romero é unha moza popular pola súa faceta humorística. A súa traxectoria profesional pasa por redes sociais, medios escritos, radio, televisión e podcast, sempre no seu vis cómica. Actualmente ademais está a virar co seu primeiro monólogo en solitario, 'Chochito'. Charlamos con ela no podcast 'Cara a cara' con motivo da promoción do seu libro, 'Esto no está pasando'. Neste título escribe desde o humor negro e o sarcasmo para abordar unha experiencia persoal: o suicidio do seu irmán en xuño de 2016. 

É un caso con nome e apelidos e é ao tempo un problema sociosanitario. O estudo dunha aseguradora mundial realizado polo Consello Xeral da Psicoloxía conclúe que en 2023 o 34% da poboación española recoñecía ter problemas de saúde mental, unha porcentaxe que crece desde 2021. Outro dato sintomático é que un 16% da poboación en España recoñece, ademais, que toma ansiolíticos, somníferos e antidepresivos unha vez á semana. Ademais, segundo datos da Fundación Española para a Prevención do Suicidio contabilizáronse 4.227 en España durante 2022, o que supón a maior cifra rexistrada nunca e con tendencia progresiva no último trienio.

Cara a cara

Un ti a ti. Para coñecer un quen, un que, un cando, un como ou un porqué

Cara a cara #321: The Same

Lun | 17:00 | 17:21

The Same é unha banda de música AOR pontevedresa. Antonio Villanueva máis José Montejano, son dous dos integrantes.

Descargar
Cara a cara #321: The Same

Cara a cara #206: Mabel Lozano

Mér | 21:00 | 21:33

Mabel Lozano, directora e guionista de cine social. Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres e menores.

Descargar
Cara a cara #206: Mabel Lozano

Cara a Cara #177: Tomás Abeigón

Mér | 21:00 | 21:46

Tomás Abeigón, licenciado en INEF, campión de España de Fisicoculturismo e autor da investigación sobre a Bella Otero e Eugene Sandow.

Descargar
Cara a Cara #177: Tomás Abeigón

Cara a cara #161: Ana López Durán

Xov | 21:00 | 21:30

Ana López Durán, profesora da Facultade de Psicoloxía e coordinadora da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos da Universidade de Santiago.

Descargar
Cara a cara #161: Ana López Durán

Cara a cara #147: Enrique Valero

Mér | 21:00 | 21:26

Enrique Valero, Doutor Enxeñiero de Montes, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra e membro de varios comités consultivos da CE.

Descargar
Cara a cara #147: Enrique Valero

Cara a cara #127: Víctor Loira

Mér | 21:00 | 21:27

Víctor Loira, vicepresidente de ASEII, (Asociación Socio Sanitaria Educativa de Enfermidades Inflamatorias Intestinales e Ostomizados).

Descargar
Cara a cara #127: Víctor Loira

Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Mér | 21:00 | 21:21

Beatriz Ramírez Canosa é un exemplo dos mozos actuais. Preparados academicamente tiveron que buscar un futuro fóra. Fálanos da súa experiencia en Estados Unidos.

Descargar
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Mér | 21:00 | 21:24

O I Festival Internacional Galicia Magic Fest chega este decembro con vocación de quedar. Seis ilusionistas compartirán escenario na Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra.

Descargar
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Lun | 22:00 | 22:46

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández, fai balance deste primer ano de mandato; ou o que é o mesmo, deste décimo sétimo exercicio presidindo o concello pontevedrés.

Descargar
Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo

Mér | 21:00 | 21:34

Gonzalo Sotelo é un dos compoñentes do Equipo de Investigación de Delitos de Telemáticos da Garda Civil, na Comandancia de Pontevedra

Descargar
Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo
Fechar