Cara a cara #228: Santiago Baleirón
Mér | 21:00 | 21:17
Nesta última década a venda de cigarros elaborados baixou un 50% como sinala o presidente da Asociación de Expendedores de Tabacos e Timbres da Provincia de Pontevedra, Santiago Baleirón. Pola contra o tabaco para lear "subiu un 10.000%". É precísamente este último o que concentra un mercado ilegal que foi progresivamente aumentando e cuxo comercio se canaliza a través de internet.
Falamos ademais da rendibilidade destes establecementos, que tiveron que "recompoñer" os seus produtos á venda; da progresiva redución de estancos que se foi rexistrando; ou da posibilidade de que a finais deste ano ou comezos do 2022 prodúzase unha concesión de novas licenzas de apertura.