Cara a cara #437: Alfonso Goizueta e 'La sangre del padre'
Mér | 17:00 | 17:23
Con vinte e catro anos, Alfonso Goizueta Alfaro, doutor en Relacións Internacionais e licenciado tamén en Historia, entrou ao grande no sector literario. Último finalista do Premio Planeta cunha novela de corte histórico, 'La sangre del padre', cuxo protagonista non é outro que Alejandro Magno. "Quixen facer un retrato íntimo, quen era o ser humano detrás da lenda, do mito. Era un mozo de vinte e poucos anos que se viu gobernando un dos imperios máis grandes do mundo". Así, presenta ao Alejandro Magno fillo de Filipo II e Olimpia, ao irmán, ao amigo dos hetairoi, ao amante de Hefestión ou de Barsine, ao esposo de Roxana, ao rei, ao guerreiro, ao home.