La Cafetera 26oct2017
Xov | 08:30 | 09:42
Desde que se convocase o referendo catalán o pasado 1 de outubro Cataluña segue pendente do gran día histórico no que se proclame a independencia. Ata o momento non hai declaración de independencia e o procés segue dilatándose no tempo. Pero: Ata cando?. Ao redor desta pregunta A Cafetera de radiocable centrou a súa atención analizando os tempos que se están marcando.
Este xoves esperábase a Puigdemont no Senado onde se estudaría a aplicación do artigo 155 da Constitución pero finalmente non acudirá. Si acudirá ao Parlament onde se debaterá a resposta ao anuncio de Rajoy de aplicar o 155 sobre Cataluña. Será ás 17 horas, á mesma hora que se lle ofreceu participar na comisión do Senado.
Aínda que se prevé gran expectación política e mediática, poida que dilátese o debate ata o vindeiro venres. Día en que se celebrará o pleno do Senado pola mañá e esá previsto que se aplique o artigo 155 da Constitución sobre Cataluña.