
Conversas na Ferrería #129: Vinte anos con Noites Abertas
Xov | 21:00 | 21:44
Este venres 25 de xaneiro comezan as actividades que para a presente edición inclúe o programa Noites Abertas. Unha proposta que comezou a desenvolverse fai vinte anos. Daquela ofrecía aos mozos e adolescentes de entre doce e trinta anos ata trece propostas de lecer alternativo. Actualmente son case cen. Charlamos con organizadores e monitores: Nacho Márquez, director de Noites Abertas; Mirian Viñas, coordinadora; e Sandra Prado, Vicky Estévez e Adrián Cubela.