
Conversas na Ferrería #171: Esdemga - Premio Cidade de Pontevedra
Xov | 21:00 | 22:00
A Escola de Deseño e Moda de Galicia do Campus de Pontevedra conseguiu situarse como centro de vangarda entre os centros formativos do seu sector en España e reportar unha visibilidade que se recoñecerá o vindeiro luns día 20 cando reciban o Premio Cidade de Pontevedra 2019.
Sentamos a profesores e alumnos para que conten, entre outras cuestións, onde radica ese satisfactorio resultado que está a acumular a ESDEMGA. Lola Dopico, directora da Escola; Nono Bandeira, profesor de Belas Artes e tamén deste centro; así como por parte do alumnado Lucas Cabaleiro, Sergio Villasante, Jenifer Fernández e Ana Pérez-Valdés.