Conversas na Ferrería #197: Visita guiada por 'A arte no cómic'

Conversas na Ferrería #197: Visita guiada por 'A arte no cómic'

Mar | 20:00 | 20:51

Entre artes anda a visita guiada pola que transitamos, rodeados ademais de estudantes e profesores da Facultade de Belas Artes e do Garaxe Hermético. Con Asier Mensuro como guía, historiador da arte especializado en cómic e cinema e comisario ademais desta exposición que se pode seguir visitando ata o 11 de novembro no Pazo da Cultura a pedimento da Fundación Telefónica.

En 'A arte no cómic' o público encontra identificadas obras pictóricas de Leonardo Da Vinci, Pieter Brueghel el Viejo, Rembrandt, Monet, Manet, Delacroix, Magritte, Miguel Ángel, Velázquez, Goya, Picasso, Dalí, Gris, Tápies, Georgia O' Keeffe,... xunto a súas transformacións desde a denominada novena arte, o cómic. Éstas con as rúbricas de María Herreros, Catherine Meurise, Teresa Valero,Enrique Ventura e Toni Coromina, Paco Roca, Milo Manara, Azpiri, Arthur Suydam, Álvaro Ortiz, Santiago García, Clement Oubrerie, Javier Olivares, ou Tyto Alba.

Neste podcast atopamos anécdotas, intrahistorias, incluso unha útil audioguía para quen queira visitar ou revisitar a exposición ao seu ritmo, pero coas didácticas palabras dun experto. Ademais charlamos con tres dos mozos ilustradores galegos que tamén forman parte do elenco artístico. O coruñés Brais Rodríguez e os vigueses Óscar Raña e Cynthia Alfonso. E para completar, que lles pareceu todo este contido artístico aos estudantes de Belas Artes e do Garaxe que tiveron a oportunidade de seguir esta visita guiada? tamén respostan.

Conversas na Ferrería

 Todo é susceptible de charla. Ti tamén podes ser parte

Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Xov | 21:00 | 21:50

Noemí Blas é presidenta da escuadra feminina  Buxa Motor Poio. Mar Piñeiro é xerente de Autocares Viuda e Cándido. Silvia García é decana de la Facultad de Bellas Artes.  Ana Belén Rial traballa na empresa Ferrovial - Cespa Servicios.

Descargar
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Xov | 21:00 | 22:03

As Conversas na Ferrería miraron esta semana aos 15 anos que se cumpren estes días do naufraxio e posterior afundimento do Prestige, dando lugar á catástrofe ambiental que provocaron as miles de toneladas que albergaba nas súas adegas.

Descargar
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Xov | 21:00 | 22:00

Conversas na Ferrería reúne cinco perspectivas sobre a maternidade subrogada: unha empresa que pon en contacto parellas e clínicas médicas; un xinecólogo, unha feminista, un pai adoptante e unha antropóloga experta en reprodución, adopción e subrogación.

Descargar
Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Xov | 21:00 | 21:45

O cloruro de etilo é un composto que levan diversos "sprays fríos" que se utilizan en mediciña deportiva como anestésico local tras unha lesión. Detectouse en farmacias de Pontevedra que estes medicamentos rexistraron un aumento de demanda, por parte dos mozos, que os utilizan como sustancia dopante inhalándoos.

Descargar
Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico

Xov | 21:00 | 21:43

As previsións para o sector turístico en Pontevedra e por extensión en Galicia, avanzan un bo verán para o sector. Chequeamos con tres representantes do  mesmo estas perspectivas, así como os avances conseguidos e retos pendentes no turismo e a hostalería de Pontevedra.

Descargar
Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico
Fechar